17-03-2017 A Fundación Santiago Centro, Área Comercial, organiza para o próximo día 21 de marzo unha xornada de formación dirixida a comerciantes do Ensanche de Compostela sobre os novos métodos de pago a través do teléfono móbil. A actividade levarase a cabo no salón de actos do Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado, 16) o día 21 de marzo ás 20.30h. A xornada enmárcase dentro do ciclo de charlas coloquio “O comercio que vén”, co que Santiago Centro busca expoñer ao sector as últimas tendencias, debater sobre o futuro e atopar novas vías. Esta primeira sesión está ao cargo de Iago Varela, enxeñeiro de telecomunicacións e blogueiro tecnolóxico especializado en Android e telefonía. É o responsable da web Mallando no Android. Na súa intervención falará de pago a través de móbil, das diferentes tecnoloxías existentes na actualidade e da súa implantación, e mostrará os distintos tipos de solucións e posibilidades para comerciantes e usuarios.



Compartir: