01-02-2017 O Mercado de Nadal, organizado desde o departamento municipal de Comercio, celebrou a súa terceira edición entre o 3 de decembro e o 5 de xaneiro na rúa Carreira do Conde. Preto de 17000 persoas visitaron o mercado durante todo o Nadal.

O mercado estivo aberto de 11 a 15 h. e de 17. a 21h durante a semana; e de 11 a 21 h (ininterrompido) os fines de semana e festivos. Nesta  edición participaron 65 comerciantes e artesáns, que rotaron ao longo de seis quendas ofrecendo ao público compostelán os mellores produtos e agasallos para este Nadal: alimentación, decoración de Nadal e floral, cosmética natural, artesanía en coiro, xoiería e bisutería artesanal, agasallos e xoguetes para os máis pequenos son exemplos do que se podía atopar no Mercado de Nadal da cidade.  

O Mercado de Nadal contou cun Espazo Creativo, con diversos obradoiros e servizo de ludoteca ao longo de todo o mercado, e no que participaron preto de 1000 nenos e nenas. As persoas participantes puideron aprender a facer xoguetes con material de refugallo, paxaros con pelotas de ping pong, envoltorios para agasallos, colgantes para os árbores de Nadal.  

Como unha imaxe di máis que mil palabras, aquí vai unha pequena mostra fotográfica. Toda a información sobre horarios, actividades, artesáns participantes está dispoñible na web do mercado de Nadal de Santiago de Compostela, mercadonadal.com, e no noso facebook, Mercadonadalconcellodesantiago.

GRAZAS A TODAS E TODAS E ATA O ANO QUE VEN!!



Ligazóns

Vídeos




Compartir: