Novas
- A Rede de CSC lanza o espectáculo "Viva Vivaldi" dos Monicreques de Kukas e a acción artística participativa "O Museo Máis Pequeno da Cidade"
- A Xunta de Goberno aproba as subvencións nominativas para o 2023 por un importe total de 1.5 millóns de euros
- O Concello premia as mellores decoracións de Nadal en escaparates e vivendas particulares
- Infinita Viajes faise co primeiro premio do concurso de escaparatismo de Nadal
- Os Bonos Corazón xeraron case 4 millóns de euros en vendas para o pequeno comercio, a hostalaría e o Mercado de Abastos
- O bus de Nadal sobre Rodas continúa a percorrer as rúas da Santiago
A Rede de CSC lanza o espectáculo "Viva Vivaldi" dos Monicreques de Kukas e a acción artística participativa "O Museo Máis Pequeno da Cidade"

14/03/2023 A concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, presentou esta mañá o espectáculo "Viva Vivaldi", a cargo da compañía Os Monicreques de Kukas, que arrancará o vindeiro 17 de marzo no Centro Sociocultural das Fontiñas e percorrerá varios centros da cidade. Na rolda de prensa, acompañaron á edila, Marcelino de Santiago e Isabel Rei Pousada, fundadores da mítica compañía. Esta mañá tamén se presentou "O Museo Máis Pequeno da Cidade", unha iniciativa coa que se pretende achegar o mundo da arte á veciñanza compostelá e promover a participación activa de persoas de todas as idades. Ler máis
A Xunta de Goberno aproba as subvencións nominativas para o 2023 por un importe total de 1.5 millóns de euros
23/02/2023 A Xunta de Goberno local, en sesión extraordinaria, deu luz verde a un total de 70 subvencións nominativas por un total de 1.565.908 euros dos que se beneficiarán entidades sociais, deportivas, culturais, comerciais ou educativas da cidade, entre outras. Tamén se aprobaron os suplementos de crédito para completar a achega municipal deste exercicio para as obras da Plataforma loxísitica, do complexo deportivo de Santa Isabel e do pavillón polideportivo de Vite. Ler máis
O Concello premia as mellores decoracións de Nadal en escaparates e vivendas particulares

16/02/2023 O CSC do Ensanche acolleu esta tarde ás 19:00 horas un acto de recoñecemento aos gañadores e gañadoras dos concursos de decoración de Nadal Veciñal e de Escaparates de Nadal, iniciativas lanzadas polo Concello de Santiago nas pasadas festas. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, xunto ao concelleiro de Relacións Veciñais, Gonzalo Muíños e á concelleira de Servizos Sociais, Mila Castro foron os encargados de entregar os premios. Sánchez Bugallo agradeceu a "participación e a implicación" de veciños e comerciantes "na decoración das nosas rúas na etapa máis máxica do ano" Ler máis
Infinita Viajes faise co primeiro premio do concurso de escaparatismo de Nadal
28/01/2023 O concurso de escaparatismo de Nadal xa ten gañadores, logo da xuntanza do xurado o pasado día 20. Nesta iniciativa, que se recuperou despois de varios anos sen celebrarse, repartiranse un total de 6.950 euros entre os seis comercios cos mellores escapartes de Nadal. En total, presentáronse 34 propostas. Ler máis
Os Bonos Corazón xeraron case 4 millóns de euros en vendas para o pequeno comercio, a hostalaría e o Mercado de Abastos
02/01/2023 Dende que se abriu o campaña o pasado 8 de novembro e ata o 31 de decembro, data de peche, 19.537 persoas adquiriron un total de 44.153 bonos que logo empregaron no comercio e hostalería local. O balance final reflicte que o programa xerou un importe total en compras por valor de 3.942.113,73 euros, dos que se beneficiaron os 567 establecementos de Santiago adheridos ao programa: 484 comercios e 83 negocios de hostalería. Ler máis
O bus de Nadal sobre Rodas continúa a percorrer as rúas da Santiago
30/12/2022 O precioso autobús inglés de dous pisos de Nadal sobre Rodas percorrerá do 4 de decembro ao 5 de xaneiro as diferentes rúas e prazas da cidade, que acollerán divertidos obradoiros de cociña e actuacións musicais de balde para animar as xornadas de compras de Santiago de Compostela! Ler máis
Concellaría de Comercio
A Concellaría de Comercio impulsa actuacións para mellorar a oferta comercial de Santiago e para promocionar o comercio como elemento vertebrador da vida social e económica da cidade, a través de políticas activas de apoio ao comercio, de impulso do asociacionismo comercial, do aumento da súa competitividade e de mellora do contexto urbano.